Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carpe diem
Unha das últimas montaxes de Producións Teatrais Excéntricas titúlase "Carpe diem", e como sempre nesta compañía, funciona ben, aínda que penso que non namora.

Está dirixida por Quico Cadaval e baseada nun conto de Rubem Fonseca, que polo visto é un escritor brasileiro, cousa que xa deducín porque a historia está ambientada alí. O máis curioso é que, se non me equivoco, a interpretación é en brasileiro (se cadra algo adaptado ao galego), pero enténdese sen maior problema.

Os actores e actriz son galegos, obviamente. María Costas, Marcos Vieites e Víctor Mosqueira fano moi ben, e son acompañados por Mon Orencio na música en directo.

A historia trata basicamente dun home e unha muller que se coñecen e namoran. Os dous están casados con parellas multimillonarias, pero a eles gustaríalles estar xuntos. Pensan nalgunha posible forma de matar a algunha das súas parellas e quedar coa herdanza, pero do asasinato tería que encargarse a outra persoa, como pasa nunha película de Hitchcock.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2019 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal