Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Domingos Merino: outra Coruña é posible
Xa o ano pasado se presentou na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda esta mediometraxe documental sobre un breve período de certo auxe cultural e de liberdade na cidade da Coruña: a alcaldía de Domingos Merino.

Non puiden asistir á presentación porque cheguei algo tarde e o local estaba máis que ateigado de xente. Pero hai unhas semanas volveron proxectalo no Fórum Metropolitano, concretamente grazas á Asociación de Veciños de Oza, Gaiteira, Os Castros, e aproveitei a oportunidade.

Presentouno Lois Alcayde, colega, produtor e guionista do documental, e vímolo con moito interese. Está ben, pero fíxoseme algo curto, e penso que se lle puido ter sacado máis partido ao tema. Cónstame que naqueles poucos anos da súa alcaldía, breve pero lembrada, das primeiras en democracia, pasaron moitas cousas na cidade que non volveron pasar.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2019 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal