Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Teminator 2
Esta película saíu en 1991. Un colega que estaba comigo daquela estudiando Informática na Universidade díxome que os efectos especiais desta película eran moi espectaculares. Como tiñamos gustos similares e, precisamente, os efectos especiais no cine non nos chamaban demasiado a atención, porque xa comezaban a resultar cansinos, pregunteime que tería esta película para que o meu colega fixera aquel comentario.

Así que a vin máis ou menos naquela época, e flipei bastante. Hai unhas semanas volveron botala na televisión, e volvín vela, para lembrar aquelas curiosas sensacións de hai case 3 décadas. Seguro que está máis que superado ese nivel de efectos, pero como non son nada devoto dese tipo de películas, e apenas as vexo, volveu a sorprenderme o curioso concepto desta película.

Supoño que xa sabedes de que vai Terminator. Unha civilización en guerra do futuro ten avances tecnolóxicos suficientes como para volver ao pasado, e mandan un robot para protexer a un rapaz no pasado que será o líder da resistencia no futuro. Nesta segunda película o concepto segue sendo o mesmo.

A novidade reside en que os do bando contrario tamén mandan a un robot, pero obviamente para matalo. E a versión dese robot é algo máis avanzada que a do outro. A principal diferencia é que este segundo robot pode adoptar a forma e suplantar a calquera ser vivo co que teña contacto, e ademais o seu interior é algo así como metal fundido, e pode adoptar formas de ferramentas metálicas como espadas, martelos, etc. As virguerías e xiros de guión que provoca este estraña propiedade son moi curiosas.

Certo é que máis alá diso non ten moita historia, é violencia en grao sumo, como case sempre no cine americano.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2019 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal