Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Don Juan Tenorio 2.0
Hai unhas semanas asistimos no Teatro Colón da Coruña a unha conxunción astral ben interesante. Teatro, Coro e Danza para dar lugar a unha nova versión do clásico Don Juan Tenorio.

A ver se non me confundo cos nomes, que podería ser:
- A parte teatral estaba a cargo de Noite Bohemia, con Javier Fernández Mariño dirixindo. Os escenarios eran imaxes proxectadas. Tristemente, o actor que facía de Don Juan non proxectaba moi ben a voz, que mágoa!!
- A parte coral era a cargo de O Acorde Secreto, dirixido por Daniel Artés, que estaba tocando o piano en directo no escenario. Recoñezo que me enterei da existencia deste coro unhas semanas antes, porque un compañeiro de traballo forma parte del.
- A parte de danza era a cargo das compañías Druída e Centro Coreográfico Galego, dirixidas ambas por Chedes Suárez.

Como vedes, había moitas vontades xuntas e bastante competentes, así que o resultado pode considerarse máis que aceptable.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2019 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal