Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Roma
Hai unhas semanas botaron a premiada película "Roma" no CGAI. Como o título pode ser confuso, refírome á película mexicana de 2018 que levou varios Óscars e que sorprendeu a boa parte do planeta o ano pasado.

Foi rodada polo director mexicano Alfonso Cuarón, e títulase así pola colonia chamada Roma en Ciudad de México, onde parece estar ambientada. Segundo el, foi un canto á súa infancia e ás mulleres que axudaron a crialo nun ambiente coma ese. Eu vin a película cunha amiga miña que se emocionou moito, e constatou que a película tiña unha perspectiva feminista que lle sorprendeu moito.

A película ten un ritmo bastante lento, non pasan moitas cousas, pero pasan as suficientes e, sobre todo, están contadas con moita sensibilidade e acerto, aínda que algunha escena concreta resulta bastante dura. Moi recomendable.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2019 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal