Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Encadeados
Como xa comentei por aquí últimamente, no CGAI están botando un ciclo en homenaxe a Alfred Hitchcock. É un director mítico que, máis ou menos, lle gusta a todo o mundo, e non hai que saber as razóns polas que organizan este ciclo, simplemente disfrutalo. Estou aproveitando para ver películas menos coñecidas ou que non lembraba.

Por exemplo, "Encadeados", do ano 1946, sóame bastante, pero a verdade é que non sei se a vin previamente. Dende logo, mireina con moito interese e non me soaba a historia. E xa case pasou mes e medio dende que a vin alí, e xa apenas lembro nada, pero as sensacións foron fantásticas.

Lembro que Cary Grant era un espía americano, e que Ingrid Bergman non o era, pero acaba facendo tamén ese labor, en parte porque se namora de Cary Grant, que é o seu enlace co servizo secreto. Van a Brasil para espiar a un ex-oficial nazi que está alí de incógnito e que está intentando reorganizar un grupo de apoio aos nazis nese país.

Xa digo, non lembro demasiado xa da película, pero sei que pasei un rato fantástico véndoa, e como sempre nas películas de Hitchcock, cada segundo resulta un pracer para os sentidos.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2019 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal