Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Mago de Oz
Hai uns días botaron na 2, sen cortes, a película "O Mago de Oz". Vina hai anos e gardaba un agradable recordo da mesma, así que me animei.

Esta vez non me gustou tanto como a outra, pero vaia, tampouco me desagradou. É unha película, para min, bastante infantil, pero creo que ten uns valores ou mensaxes máis ou menos interesantes, e algunhas das cancións son moi chulas, aínda que outras non me din demasiado.

Documentándome para escribir algo aquí, acabo de ver que a vida de Judy Garland, a actriz principal, foi toda unha odisea. Xa sen contar que, por esta película principalmente, e por outras que fixo despois, en menor medida, está considerada un icono gay. Eu non capto moi ben a que se pode deber, pero me chama a atención ese curioso feito.

Toda a súa vida, e tamén a súa tráxica morte, estivo trufada da inxesta de barbitúricos e anfetaminas, para soportar as longas xornadas de rodaxes. E tamén houbo algo de alcoholismo, polo visto. Ou sexa, outra vida segada pola fama. Tampouco sabía que era a nai de Liza Minnelli (de cando Judy estivo casada con Vincent Minnelli), pero si, teñen un aire, e as fotos das dúas cando eran novas amosan claramente o seu parecido.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2019 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal