Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Octopus' Garden again
Hai uns 8 meses fun por primeira vez ao Garufa Club da Coruña para ver a Octopus' Garden, unha banda tributo dos Beatles que toca alí con certa frecuencia.

Onte estaba máis ou menos libre e volvín (pensei que a primeira visita fora máis lonxana no tempo), porque me deixaran boa sensación a primeira vez, pero mellorable.

Acabo de ler o que publiquei daquela, porque parecérame que o concerto fora diferente naquela ocasión, e acabo de constatar que así foi.

Naquela primeira ocasión tocaran bastantes cancións menos coñecidas. Onte tocaron bastantes máis clásicos e soábame case todo. Iso si, onte detectei que dúas ou tres cancións as tocaron varias veces, do cal deduzo que o repertorio dos Beatles non é tan longo como eu pensaba, ou que eles non o dominan por completo.

Volvín botar en falta varias cancións emblemáticas como "Yesterday", "Let it be", "Eleanor Rigby" ou "Hey Jude", pero agora sospeito que debe ser un problema de instrumentos. Nesas cancións coido que ten un protagonismo importante o piano, e parece que ningún deles o domina. Digo eu que será ese o problema, supoño. En calquera caso, pásase moi ben.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2019 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal