Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O noso lugar no universo
Onte, unha vez máis, o crítico de cine e astrónomo Martin Pawley deu unha interesantísima charla sobre a historia da astronomía no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Hai uns meses xa dera un par de sesións sobre as mulleres na historia da astronomía, e onte fíxoo de forma algo máis xeral. A maioría eran homes, pero tamén se mencionaron algunhas das máis destacadas mulleres. E eu pedinlle ao final en público a ver se podía completarse o ciclo coa historia da astronomía galega. Dixo que non había moito que contar, pero algunhas cousas si, así que se poñería co tema.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2019 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal