Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Xabier P. Docampo
Hai uns días, auspiciado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, fíxose no Teatro Rosalía de Castro un grande homenaxe ao escritor Xabier P. Docampo, que morreu a finais de xuño de 2018. Creo que se están facendo máis homenaxes coma esta noutras cidades do país, todas moi merecidas, claro.

Saíron un feixe de persoas que coñeceron a Xabier en diferentes ámbitos, como a literatura ou o ensino, vimos vídeos nos que el falaba, nenos recitaron algún fragmento coñecido das súas obras, e rematou con Miro Casabella cantando.

Poño como colofón este vídeo no que aparece por última vez en público. Sobrecolle velo así, porque a súa imaxe e presencia habitual era moi poderosa, nunca vira imaxes del nestas circunstancias (de feito, non sabía que estaba enfermo e a súa morte colleume de sorpresa, hai xa case 1 ano).

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2019 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal