Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Elisa e Marcela
Hoxe fun ver a película "Elisa e Marcela" da directora Isabel Coixet, baseada na historia real que sucedeu na Coruña cando estabamos pasando do século XIX ao XX.

Non sei moito da historia, pero creo que a película se adapta máis ou menos ao que sucedeu, aínda que seguro que se toman algunha licencia poética.

Nunca vin ningunha película desta directora, pero ten fama de ser unha persoa cunha grandísima sensibilidade, e de non ser nada comercial. Dou fe. A película é lenta, en branco e negro, e nótase a sensibilidade e o lirismo. Pero vese moi a gusto, supoño que, en parte, porque a historia é moi potente.

Obviamente, as dúas actrices protagonistas (porque o resto de personaxes case nin aparece), Natalia de Molina e Greta Fernández o fan moi ben.

Tamén está claro que a súa acción, no seu tempo e contexto, foi tremendamente vangardista e transgresora. Hoxe, na sala de cine, que tiña unha boa entrada (a media de idade algo elevada, pareceume), algunha xente parecía dicir algo así como "pero como eran tan animais". Pois claro, eran así, que esperaban da España e da Galicia, tanto urbana como rural, no ano 1900?

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2019 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal