Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Día das Letras Galegas de 2017 e 2018

Co atraso que levo acumulado nas miñas lecturas, aínda foi nestes días cando puiden ler unhas sinxelas obras que pubiicou a Voz de Galicia sobre Carlos Casares e María Victoria Moreno, os homenaxeados das Letras Galegas dos dous anos anteriores.

Pode que os esteades preguntando "e cando lerás o que haxa de Antonio Fraguas, o homenaxeado de 2019?". Pois non o sei, espero ir recortando esa marxe de atraso. O que si digo é que na última semana, por varias vías, chegoume lectura sobre ese persoeiro para 3-4 horas, como mínimo. E ten moi boa pinta. Espero que sexa antes de que acabe o ano.

Non teño nada especial que contar deses dous persoeiros. Sobre todo de Carlos Casares, do que xa falei algo nos últimos tempos, por algunha lectura de artigos, e porque tivo unha biografía algo máis previsible, como profesor, escritor, editor, presidente do Consello da Cultura Galega, activista cultural, etc. Ademais, estaba case no apoxeo da súa celebridade, cando morreu sorpresivamente en marzo de 2002. Lembro que morreu un sábado de madrugada (ou domingo, algo así) e na Voz de Galicia saíu publicada a súa columna de todos os días, que mandara en tempo e forma o día anterior. E que esa columna saíu en branco ao día seguinte, como homenaxe. Seguramente o punto máis exótico da súa biografía é terse casado con Kristina Berg, unha muller sueca á que coñeceu de casualidade nun tren.

A biografía de María Victoria Moreno, aparte de menos coñecida, é bastante máis estraña, aínda que o ano pasado xa se falou bastante dela. Nos seus primeiros anos viviu entre Estremadura e Segovia, dentro dunha familia que vivía moi a gusto no réxime franquista. Despois estudou o Bacharelato en Barcelona, onde comezou a escribir en catalán e francés, e fixo a carreira universitaria en Madrid, admirando moito aos seus profesores Rafael Lapesa e Dámaso Alonso.

Despois casa con José Luís Llácer, cego, con quen estudiara a carreira en Madrid, e a quen acompaña a Pontevedra, porque é nomeado director do colexio da ONCE nesa cidade. Prepara as oposicións de Lengua Española e Literatura, saca boa nota, e escolle praza en Lugo, onde coincide dando clase no instituto onde estaba Xesús Alonso Montero. Aí entra en contacto co galego, namórase do idioma, e decide dedicar a súa vida a coñecelo, difundilo e escribilo. Dous anos despois marcha de novo como profesora para Pontevedra e outras vilas do Salnés, onde vivirá durante o resto da súa vida.

José Luís Llácer morre a mediados dos 90, e pouco despois, detéctanlle un cancro de mama, que lle debilitará e amargará practicamente a última década da súa vida. Nos últimos anos coñece a Pedro Ferriol, con quen casa, aínda que teñen poucos anos de convivencia e alegría, porque o cancro está xa moi avanzado.

Parece que deixou unha gran pegada no seu alumnado e en todas as persoas que a coñeceron. E as súas obras de tipo infantil e xuvenil teñen moito éxito, incluso agora. As dúas máis coñecidas son "Leonardo e os fontaneiros" (a que máis lle gustaba a ela) e "Anagnórise" (a máis famosa e que analicei 2-3 artigos máis abaixo deste).

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2019 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal