Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ladrón de bicicletas
O outro día botaban na 2 "Ladrón de bicicletas", de Vittorio de Sica. Lembro que oín falar da película hai moito tempo porque, nalgunha desas estrañas e inexplicables listas de mellores películas de todos os tempos, esta lideraba a clasificación. E claro, chamoume a atención e quedeime co título.

Creo que xa a vira antes, hai moito tempo, pero non lembraba apenas nada (iso xa debe ser indicio de algo). O tema xeral si, claro, entre outras cousas, porque é bastante simple. Alguén consegue un traballo, precisa a bicicleta, a des-empeña, róubanlla o primeiro día de traballo, e despois pasa días buscándoa, a ela e ao ladrón. Non consegue dar con ela e ao final de todo, intenta roubar el unha e é pillado (toma "spoiler"). Pero non lembraba nin os actores e actrices, nin nada concreto.

A película non está mal, pero non me parece para tanto. Certo é que é un magnífico exemplo de neorrealismo italiano, que é un xénero moi interesante, aínda que se cadra algo sobrevalorado (o xénero, e esta película pode que tamén algo).

A principal sensación que me deixa é a dunha tremenda amargura e tristeza (iso non ten por que ser malo). O país (que ten as súas cousiñas, en xeral), a época (posguerra mundial), a pobreza xeralizada, a moralina da película, a mala leche e crítica social. A verdade é que moito optimismo non transmite, non.

Como curiosidade, diremos que o franquismo permitiu proxectala, pero cambiou o título ao singular, porque o orixinal era "LadrónS de bicicletas". Non o entendo demasiado ben. Ao mellor non querían difundir a idea de que no seu querido aliado Italia (cuna do fascismo, que eles tanto admiraban), o de roubar bicicletas era un vicio moi extendido. Ao mellor pretendían transmitir a idea de que era a historia de algo puntual, que alí non pasaba nunca. Non sei, digo eu, nunca estiven na cabeza dun censor....

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2019 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal