Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Romaría de Santa Margarita 2018
Segue gañando peso nas festas da Coruña a Romaría de Santa Margarita, que se celebra sempre na última fin de semana de agosto, e que pon o ramo ao verán na cidade. E grazas ao traballo dalgunha xente estanse facendo as cousas ben e veñen grupos destacados da música galega.

Este ano puiden asistir aos seguintes concertos, que casualmente eran os que máis me interesaban:

- Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre: Nada novo que dicir, unha absoluta garantía, unha pegada sonora espectacular que co segundo disco duplicou o seu repertorio e segue sendo unha delicia.

- Tanxugueiras: Segundo dicían, unha das revelacións da música galega na actualidade. Tres cantareiras novas con potentes voces e apoiadas por un máis que interesante grupo, formado por un guitarrista e violinista, un acordeón, un percusionista (nada menos que Isaac Palacín) e un baixista. Deixáronme unha boa impresión xeral e merquei o disco, e ten boa pinta. Pero nesa actuación en directo as súas voces parecéronme algo estridentes de máis (no disco non pasa, ou sexa que ao mellor simplemente estaban os seus micros con volume moi alto) e deume a impresión de que a súa interactuación co público aínda era algo deficiente, pero seguro que mellorará.

- Sondeseu: outra garantía absoluta, descoñecida aínda para moitas persoas. Presentaban un novo espectáculo titulado "Arraianos", que coincide en parte co novo disco, titulado "Beiralúa", e que tamén merquei, porque este grupo o merece todo. A ver se en máis vilas do país lles dera por facer unha orquestra así nas escolas de música tradicional.

Saúdos.








Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2018 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal