Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viñetas dende o Atlántico 2018 (e algúns cómics máis)
Como todos os anos, este mes de agosto celebrouse unha edición máis de Viñetas dende o Atlántico (creo que xa é a XXI Edición), o magnífico salón de cómic que enche A Coruña de debuxos todos os veráns.

Aínda poden verse todas as exposicións ata os primeiros días de setembro nas sedes habituais: Palexco, Kiosco Alfonso, Pazo Municipal, Durán Loriga e Torre de Hércules. Eu fun ver todas agás a da Torre, porque alí están simplemente os carteis de todas as edicións.

O que máis me gustou deste ano foi o descubrimento dunha autora chamada Mamen Moreu, que ten a súa exposición en Palexco. Conta unhas historias frescas e moi divertidas, case sempre en torno á situación de mulleres, cun toque moi feminista e desenfadado. Lembroume algo á autora Moderna de Pueblo, á que descubrín hai uns anos nesta mesma mostra.

Tamén está moi ben a exposición de José Ramón Sánchez na sala do Pazo Municipal. José Ramón Sánchez era un tipo que saía na televisión española dos anos 80 facendo debuxos, co que todos flipabamos bastante. Pois mira ti por onde, que despois de toda unha vida de debuxante e ilustrador, con case 80 anos decidiu facer un cómic por primeira vez na súa vida. E non tivo mellor idea que atreverse con Moby Dick, que non é peza menor, nin moito menos, pero saíu moi airoso.

E por se a alguén lle interesa, na Coruña nestes tempos poden verse outras dúas exposicións sobre cómic:
- Nunha das plantas da sede de AFundación, hai unha exposición de David Aja e David Rubín, parece que centrada no mundo dos superheroes.
- Unha das exposicións que se pode ver no MAC (Museo de Arte Contemporáneo) de Naturgy (antes Gas Natural Fenosa) é sobre o cómic español de 1917 a 1977.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2018 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal