Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aló Django Cuarteto
Dende había algún tempo tiña algo de ganas de asistir a un concerto no Jazz Filloa da Coruña. Isto pode parecer algo moi simple, pero non o é tanto. Non moitas veces, pero hai anos, e en ocasións bastante afastadas entre sí, fun a ese local a tomar algo, e parecía moi agradable. Pero nunca fora a un concerto alí, e tiña certa curiosidade por facelo. Pero hai que ter en conta que o jazz non me gusta nada (iso xa complica máis as cousas, non si?). Pois xa vedes, tiña eu certo capricho e estaba buscando neste verán unha posibilidade de atopar a cuadratura do círculo, e conseguino o outro día.

Tocaba o grupo Aló Django, en versión cuarteto (parece que forma parte do grupo tamén unha rapaza que canta e baila algo así como claqué, pero ese día non estaba). É unha banda tributo do guitarrista Django Reinhardt, do que oín falar moi ben en moitas ocasións, aínda que o seu curioso estilo está englobado na esfera do jazz, pero é unha variante algo ou bastante libre, na miña opinión.

E aló fun velos, e paseino ben. Non me desagradaron, aínda que teño que recoñecer que se me fan algo monótonos. Son sempre os mesmos instrumentos, e sempre tocados do mesmo xeito e o co mesmo estilo, e no medio do concerto xa comeza a soar a algo manido e pouco novidoso. Pero vaia, que soa moi ben, e nótase que os músicos son moi virtuosos, aspecto que no jazz está fóra de toda dúbida.

Debo tamén recoñecer que era a primeira vez que ía a un concerto de música no que había varios "pases", así que tamén tiña ganas de ver como funcionaba a xestión do público nese caso. Neste local, o habitual é que os concertos teñan dous pases, ás 22 e 23 horas. Polo que escoitei o outro día, nos locais de jazz é moi habitual, pero eu non sabía de ningún outro local nin estilo onde se fixera iso habitualmente. En teatro e musicais si, pero en concertos de música nunca o vira. Nós fomos ao primeiro, e entraron algunhas persoas novas para o segundo, pero cónstame que algunhas persoas que asistiron ao primeiro tamén quedaron ao segundo (non foi o meu caso, a min bastoume con un pase). Supoño que tamén o permitirían porque para o segundo pase non había moita demanda. Nin para o primeiro, estabamos unhas 15 persoas cando a capacidade máxima do local debe ser de 50-60 persoas, supoño.

Aló Django está formado por catro músicos (na formación que nós vimos o outro día): Xabier Mera e David Tato ás guitarras, Alfonso Calvo no contrabaixo e o mítico (no mundo do folk galego) Quim Farinha no violín. Está de máis mencionar o seu virtuosismo, fóra de toda dúbida, como dicía. Por curiosidade, dicir que ademais de cancións que popularizou nos anos 30 e 40 Django Reinhardt, tocaron "Part time lovers" de Stevie Wonder (pero neste estilo de gipsy swing) ou "I got rhythm" de George Gershwin, que eu coñecín no disco "Platinum" de Mike Olfield.

Déixovos un vídeo deste grupo e tamén de Django Reinhardt.

Saúdos.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2018 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal