Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mercedes Peón e Déixaas
O outro día actuou nas Festas de María Pita da Coruña Mercedes Peón co seu novo grupo presentando o seu novo disco, que se titula "Déixaas".

Como xa se vira no vídeo promocional do disco, a canción do mesmo título, a súa nova música é tremendamente vangardista. Se xa o eran todos os discos anteriores, o que acaba de facer xa se adiante varios séculos ao ritmo cultural e musical deste país.

Eu aínda non teño unha idea moi definida sobre o mesmo. Merquei o disco e, en canto o escoitei varias veces, dame a min que me vai encantar, pero hai que recoñecer que a proposta é moi transgresora e non resulta de doada dixestión a primeira vez.

Se as formacións anteriores xa eran pouco convencionais, xa non vos conto a actual. Basicamente son tres mulleres en escea: Mercedes Peón con percusión e programacións, Mónica de Nut con programacións e pedais, e Ana Fernández parece que principalmente con percusións, aínda que nalgunha ocasión se intercambian as posicións e ela tamén acaba manexando as programacións das outras. En canto á voz, a principal é a de Mercedes, Ana fai coros, e Mónica fai as virguerías ás que xa nos ten acostumados.

Pero resulta tremendamente potente a aposta visual polas tres mulleres coas súas respectivas mesas, que teñen a capacidade de xerar unha cantidade de música e ritmo impresionante. Pablo Carrera acompaña coa guitarra e Fernando Abreu cos clarinetes e saxos. E tamén tocaron varios grupos de cantareiras diferentes (eran dous, e agora mesmo non sabería dicir os nomes dos grupos). E apareceron como convidadas no concerto María Reimóndez e Yolanda Castaño.

Ou sexa, todo un espectáculo, pero enténdese que non resulte dixerible para estómagos moi sensibles, que sempre os hai...

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2018 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal