Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Intocable
Un día destes botaron na TVG 2 (sen cortes, que marabilla) a película francesa "Intocable", que tivo moito éxito hai varios anos e da que me falaran moi ben.

Vina e, efectivamente, viuse claramente a calidade do cine francés, que tanto pode facer comedias simpáticas como esta ou dramas que tamén están moi ben. Vaia, que de cine, saben bastante.

Pero supoño que sería polas expectativas tan altas que me transmitiran, decepcionoume lixeiramente. Efectivamente, está moi ben, e ten puntos moi logrados, pero vaia, tampouco me pareceu para tanto.

Se cadra, o máis curioso desta peculiar historia é que está baseada nun caso real dun aristócrata e multimillonario que sufriu un accidente de parapente, quedou tetrapléxico e dediciu contratar a un inmigrante irregular alxerino para coidalo. A vida deixa atrás á ficción en moitas ocasións, non sei se a algún guionista se lle ocorrería unha situación tan fóra do común.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2018 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal