Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Marzo e Maio do 68
Hai 50 anos estaban pasando cousas polo mundo. En marzo do 68 comezaban manifestacións na Universidade de Santiago de Compostela que a paralizaron durante uns 3 meses.

En maio xa sabedes que pasaron cousas en moitos sitios, sobre todo en París, que son bastante famosas. Naquel ano tamén houbo matanzas de estudantes en México D.F. a cargo da policía, manifestacións en Estados Unidos pola Guerra do Vietnam, disturbios noutros lugares como Xapón, etc.

Por esa razón, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda quixeron organizar un ciclo de conferencias sobre o tema, pero tamén centrado no que pasou na USC en marzo, que é a noticia local máis destacada daquel período.

De momento, xa fixeron dúas conferencias, e non sei se vai haber algunhas máis. Dende logo, a día de hoxe, non hai máis noticias, pero pode ser que haxa algunha outra.

A primeira charla correu a cargo de Xosé Manuel Pereiro, que antes era Decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, pero penso que agora non o é. Por idade, non puido estar na USC no 68, e obviamente non falou diso. E o maio do 68 mencionouno de pasada unha vez, creo, pero case anecdoticamente. E o resto do tempo, non sabería dicir claramente de que estivo falando. Principalmente da situación política e miseria moral da actualidade, pero sen ser capaz de rematar ningunha frase que comezara, e resolvéndoo todo con bufidos e interxeccións forzadas. Das peores conferencias que vin nunca. E a el vírao algunha vez pero esta vez tocou fondo. Supoñamos que tivo un mal día.

A segunda charla foi hai poucos días e estivo moitísimo mellor. A protagonizar María do Carmo García Negra, Catedrática de Economía da USC, e Xesús Sanxoás. Estudaban no 68 na USC, así que contaron como foi a cousa, como era a cidade, como eran os composteláns, como era a policía e os cargos da universidade. Interesantísimo, compensou con creces a pobreza da primeira charla, que obviamente sobraba. Algúns dos líderes daquela revolta estudiantil eran Touriña, Álvarez Areces, Abel Caballero, etc.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2018 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal