Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O paseo das esfinxes
Nos últimos tempos a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda está homenaxeando con frecuencia a Luísa Villalta, escritora coruñesa que morreu traxicamente no ano 2004, e que é socia de honra desa entidade. De feito, creo que oín que queren propoñela para o Día das Letras Galegas.

Un dos máis fanáticos no tema, como era previsible, é Lino Braxe, que ademais é o director do grupo de teatro da Agrupación. E cos seus amigos actores e actrices mantén varias compañías que, de cando en vez, fan traballos nos que eles disfrutan actuando nas obras que lles gustan, sen preocuparse da rendibilidade nin das contas.

Hai pouco a Agrupación editou, co apoio de Lino e dos seus amigos e coñecidos, a Obra Dramática Completa de Luísa Villalta (creo que destacou máis como poeta), e ademais estrearon no Teatro Colón a súa obra "O paseo das esfinxes".

Foi o outro día. Non me chamou a atención a obra. Moi simbolista, metafórica, pero non moi doada de seguir, que lle imos facer!!! Como habitualmente, Lino estaba moi eufórico ao final e fíxoo patente, ao levar as táboas teatro galego que é moi difícil de representar (por múltiples factores que todos adiviñaredes).

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2018 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal