Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zalacaín o aventureiro
Hai uns días botaban neste sempiterno ciclo de cine español da 2 "Zalacaín o aventureiro", película dirixida por Juan de Orduña no ano 1955.
Seguramente vos estaredes preguntando por que vin unha película que tiña un aroma tan rancio, e a resposta está clara: Pío Baroja.

Nunca lin nada de Pío Baroja, pero polo que teño entendido, seguramente as súas novelas me gustarían. Moitas son de aventuras, pasan cousas, escribiu moitas e semella que moitas eran doadas de converter en películas, así que non son malas credenciais para que as súas novelas sexan tamén amenas e agradables de ler. A ver se algún día caio.

Acabo de mirar a súa biografía e parece que morreu pouco despois desta película. E ten importancia porque nesta película é o narrador e aparece en varias escenas ao comezo e ao final explicándolle ao director (como se fora un documental) por que escribiu a novela e como coñeceu a historia.

Hai cousa dun ano vin outra película baseada nunha novela súa, "As inquedanzas de Shanti Andía", na que tamén aparecía el, e aquela resultou moi amena, había moitas aventuras no mar, o protagonista viaxaba por todo o planeta. Rodar aquelo en España nos anos 50 debeu ser toda unha proeza.

Esta tamén estivo ben, pero non resultou tan movida como a outra. Está ambientada en Euskadi na terceira guerra carlista, en torno a 1875. Conta a vida de Martín Zalacaín, que nace nun pobo na montaña, e que é moi botado para diante e desenvolto. Toda canta muller coñece cae fulminada polo cariño que lle ten.

A forma que teñen de introducir a historia está moi ben. Un vello Pío Baroja cóntalle ao director que cando era novo descubríu tres flores frescas no cemiterio dunha aldea, estaban sobre a tumba dun rapaz que morrera con menos de 30 anos e había xa moito tempo que morrera, así que o das flores frescas era todo un misterio. O enterrador dille que non saben quen as deixa, pero todos os días aparecen unha rosa branca, unha amarela e unha vermella totalmente frescas.

O xoves Baroja, decidido a coñecer quen se encarga de poñer as novas flores, quédase a durmir unha noite no cemiterio, e no medio da brétema, aparecen tres vellas mulleres que lle contan encantadas a historia de Martín Zalacaín, o rapaz ao que honraban poñéndolles flores frescas cada noite.

Obviamente, as tres mulleres foron importantes na vida de Martín, pero non había ciumes entre elas, senón unha forte amizade. E vaise vendo de xeito moi ameno como foi a breve pero intensa historia de Martín Zalacaín. Como curiosidade, direi que acabo de enterarme (porque no visionado non a recoñecín como tal) que a cuarta muller importante na vida de Martín, a súa irmá Ignacia (a nai só aparece nunha escea ao comezo, que eu recorde) foi protagonizada por María Dolores Pradera.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2018 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal