Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dhogs
Este ano, nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego, houbo unha película que arrasou. Titúlase "Dhogs", foi nominada a 17 premios, levou 13, e antes diso eu xa oíra falar marabillas a moita xente que se cruzara con ela.

Ten moito mérito que unha xente común, que sae principalmente do concello de Meira, na Terra Chá luguesa, teña ideas tan modernas, e teña o ímpetu suficiente para sacar adiante un proxecto vangardista e rompedor coma este.

Deuse a casualidade de que eu conseguín vela en cines comerciais da Coruña (creo que estivo só unha semana, con 1 sesión diaria ou algo así), e que xusto na sesión á que eu asistín foi o director, o produtor e algún dos actores para presentala e facer un coloquio ao final, ao que tristemente non puiden quedarme, porque xa era algo tarde e día laborable, non me daba a vida.

Dito isto, tamén digo que a película non me chamou demasiado a atención. Si digo que está ben rodada, que a historia é curiosa, e que o final sorprende bastante (obviamente, non vou facer spoiler).

Pero a película é bastante rara (o director xa o dixo antes de que nós a víramos, non se esconden), bastante dura por momentos (non podo explicar a que me refiro, quen a vexa xa o entenderá), e que, segundo o meu punto de vista, a sorpresa do final explica algunhas das cousas raras anteriores, pero non todas. E meter cousas raras simplemente polo mero placer de facelo, tampouco é algo que a min me convenza demasiado. Tamén pode ser que todo si encaixe e teña explicación e que eu non fora capaz de entendelo por ignorancia miña, non o descarto, pero aínda así, prefería que as cousas transcorreran doutro xeito.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2018 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal