Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Documental sobre María Victoria Moreno
Pois si, arredor do Día das Letras Galegas afloraron moitas obras e traballos sobre a autora homenaxeada (como debe ser) que nos permitiron coñecela mellor. Xa digo, en cuestión de unha semana, eu vin un documental, unha obra de teatro e un suplemento completo sobre ela (fáltame ler algunha obra súa, como "Anagnórise"). E agora sei moito máis e mellor, e vale a pena, si.

No CGAI botaron un documental sinxelo de pouco máis de media hora realizado por Gonzalo E. Veloso. Como el mesmo dixo na presentación, non aparecía el nin ninguén facendo entrevistas, senón que colocou aos convidados en grupos (como mínimo de 2 persoas, aínda que había algún de 4), e ían falando libremente sobre a homenaxeada. E a partir dese bruto el foi facendo unha selección e montaxe que non quedou nada mal.

Tristemente, xa non puiden quedarme ao coloquio posterior, pero chamoume a atención unha pequena anécdota. Unha persoa que saíu da sala medio minuto despois ca min saía algo "escandalizada" porque a primeira pregunta que lle fixeron no coloquio ao autor do documental (que estaba alí para contestar a preguntas, obviamente) era en que ano morrera María Victoria Moreno. E polo visto, non o sabía. Non sei, ao mellor era casualidade, pero esa semana eu o sabía do dereito e do revés, pero resulta chocante que presentes un documental sobre un persoeiro coñecido, que está sendo homenaxeado ese ano (concretamente neses días), e non saibas cando morreu, tendo en conta que ademais morreu de cancro, e nos últimos anos foi algo que marcou a súa vida (loxicamente). Dame que pensar...

O video que poño aquí non é o que vimos nós no CGAI, parece feito polo Concello de Pontevedra, e paréceme que ten un tono semellante.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2018 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal