Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Soldados de Salamina
Hai uns días cruceime con esta película española na televisión, e como no seu día lera a novela na que está baseada con moito interese, e me gustou, a verdade é que nin o dubidei.

Polo visto, o escritor Javier Cercas publicou esta novela no ano 2001, e o director David Trueba realizou a película ao ano seguinte, aínda que se presentou en 2003, protagonizada por Ariadna Gil (o protagonista da novela era un home, cambiaron iso e algunha cousa máis, pero en xeral é bastante fiel, polo que me pareceu).

O que me atraeu a ler a novela no seu momento foi a interesante figura de Rafael Sánchez Mazas. Foi un dos fundadores da Falanxe, pero tamén era escritor e poeta. Téñolle lido falar ben del a xente como Cunqueiro (o que pasa é que a traxectoria de Álvaro no franquismo é algo controvertida, é certo), e non daba a impresión de que fora presionado cando o dixo polo réxime dominante, pero tampouco podo aseguralo.

O caso é que Rafael Sánchez Mazas foi apresado cara ao final da guerra civil en Cataluña, e os nacionais avanzaban cara aquel curruncho, e os republicanos decidiron facer un fusilamento en grupo dun grupo de nacionais que tiñan confinados nun convento de Girona. Sabían que entre eles estaba Sánchez Mazas, un importante membro da Falanxe, pero non pensaron que ninguén fora escapar vivo daquel bosque.

O caso é que foi así, Rafael escondeuse nas inmediacións, e un soldado moi novo atopouno, pero nin o rematou nin o descubriu cando lle preguntaron. A obra (tanto literaria como cinematográfica) xira en torno a que pasou pola cabeza daquel rapaz para tomar aquela decisión. Sánchez Mazas escapa e é protexido por tres rapaces da zona, que despois recibiron agasallos ou tratos de favor en cantos o falanxista volveu á tranquilidade da súa vida posterior.

Como vedes, a historia é ben curiosa. Pero aínda é máis curioso saber que Rafael Sánchez Mazas foi o pai de Rafael e Chicho Sánchez Ferlosio, literato e artista que non destacan precisamente por ser falanxistas. Todo isto faime pensar que Rafael Sánchez Mazas, aparte de falanxista (que xa é unha marca suficientemente pesada) debía ter unha personalidade ben complexa, parece.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2018 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal