Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os sons esquecidos e o carnyx de Abraham Cupeiro
Hai poucos días actuou na Coruña Abraham Cupeiro co seu grupo de magníficos acompañantes. Este multiinstrumentista destaca principalmente pola recuperación de antigos instrumentos esquecidos, nalgúns casos de milleiros de anos.

No concerto que vin no Teatro Colón tocou uns 10 instrumentos pouco convencionais, e a maioría deles eran frautas ou cornos de sons que lembraban aos mundos tribais da antigüidade.

A estrela é o carnyx, un antigo instrumento dos celtas, que sobresaía 2-3 metros por enriba das cabezas dos soldados que se ían enfrontar aos romanos, e que debía meter moito medo na época. No vídeo podedes ver a Abraham tocando o impoñente instrumento. No concerto ao que eu asistín só o tocou nun par de cancións, ao final. A primeira apareceu entre o público, como se ve no vídeo, e na segunda xa estaba no escenario.

Abraham estaba acompañado por un pianista, dous violinistas e un violista, un contrabaixo, un violonchelo e un percusionista, todos de grandísimo nivel (algúns son músicos galegos ou afincados aquí que xa vin noutros conxuntos e moi solventes).

O concerto resultou moi interesante, pero aínda así, tivo algúns altibaixos, porque a selección musical era moi variada (e iso non é malo, para nada), pero algunhas das pezas ou estilos non me chaman demasiado a atención. Está claro que o interese principal estaba na curiosa sonoridade deses instrumentos ancestrais.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2018 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal