Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estado de graza
Estivo bastante interesante o final de ano 2017 no Teatro Colón da Coruña, cun colofón a cargo da compañía Teatro do Noroeste, sempre fiable.

O venres 29 representaban a súa última obra "Estado de graza", que polo visto estivo xirando todo este ano 2017, pero da que eu non tiña noticia.

Esta é unha obra de mulleres, protagonizada por catro actrices. A veterana Luma Gómez facía da nai, fanática relixiosa e moi intolerante. Imma Antonia facía da súa criada, que levaba con ela toda a vida, aínda que de caracter moito máis doce. Manuela Varela facía de filla da primeira, que quedou embarazada cando era adolescente, e escapou do internado onde aquela a encerrou en canto deu a luz, para vivir a vida. E a máis nova, Nini True, facía de filla da anterior, e era autista. Como vedes, todo un panorama.

A trama consistía en que a filla anunciou que viña de visita a casa da súa nai, despois de 14 anos sen dar sinais de vida. A criada estaba moi ilusionada, pero a nai non, non perdoaba todos os "pecados" da súa filla. Cando chega alí, anuncia que lle diagnosticaron un cancro de pulmón, e que a súa filla só podería quedar con elas, porque é a única familia que lle queda. Obviamente, a tensión da situación (basicamente coa nai, as demais aceptaban moi ben todo o que viña) percorre toda a obra.

Ao día seguinte había unha mesa redonda (á que non asistín) sobre a situación do teatro galego. E na noite do 30 proxectaban un documental titulado "30 anos actuando. Que nos quiten o bailado" sobre os 30 anos da compañía Teatro do Noroeste. Protagonizado principalmente por Eduardo Alonso e Luma Gómez, os fundadores da compañía, e dirixido por Eva Alonso, a súa filla, tamén contaba coas testemuñas de moitas persoas que actuaron ou traballaron nos seus espectáculos.

Saúdos.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2017 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1
Mille mercis pour tout.
Tu es#blgtk08# incroyable, mille bisous pour toi.
Comentario por voyance gratuite mail serieuse (05-01-2018 10:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal