Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Orquestra Gaos e as bandas sonoras
O outro día fun ao Teatro Colón para ver á Orquestra Gaos, que sempre é un pracer. Pero tiven bastante sorte, porque dende había varios días xa dicían na web do teatro que as entradas estaban esgotadas. Pero casualmente unha amiga querida pasoume unha invitación o día anterior, que ela non podía utilizar.

O que eu non sabía, porque non debín estar moi áxil, é que o programa consistía en bandas sonoras de películas famosas, que se está poñendo bastante de moda entre as orquestras. Iso explica que se esgotaran as entradas, porque a min xa me estrañaba que pasara iso nun concerto da Orquestra Gaos (dito con todos os respetos, claro).

Pois nada, o programa foi máis ou menos o habitual nestes casos, porque xa fun a algún outro concerto destas características. Tocaron pezas das seguintes películas:

- Star Wars (con loita de espadas laser ao final inclúida)
- O Señor dos Aneis
- Gladiator (non fun quen de recoñecer cal era a peza desta película)
- A lista de Schindler (non a coñezo, pero sóame que unha que tocaron podía ser desta película)
- Regreso ao futuro (tampouco fun quen de recoñecela, e eu xuraría que a coñecía)
- E.T.
- Parque Xurásico
- Piratas do Caribe
- Far and Away (en español titulada "Un horizonte muy lejano"). Creo que é un clásico deste tipo de eventos, pero eu non vin a película nin moito menos coñezo a música.

Nos bises tamén tocaron "Memorias de África", outro clasicazo. Como vedes no vídeo que poño, non é a primeira vez que a Orquestra Gaos fai este programa.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2017 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal