Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Círculo vermello
Esta foi a terceira e última película que vin en poucos días deste director para min descoñecido chamado Jean Pierre Melville. Titúlase "Círculo vermello", xa é do ano 1970 e en cor, e foi a que máis me gustou (pero non por ser en cor, nin nada diso). E polo que parece, debe ser das máis coñecidas deste director.

Aquí a estrela xa é un xoven e guapo Alain Delon. Pero está secundado por outros secundarios como Gian María Volonté e Yves Montand. Se vos fixades, os nomes xa comezan a soar algo máis.

Alain Delon está en prisión e recibe un soplo por parte dun dos seus carceleiros, xusto o día antes de saír libre. Vaille falar dun fantástico atraco. O resto da película trata da realización do atraco.

Ao mesmo tempo, un avispado inspector de policía leva arrestado nun tren a un perigoso e intelixente ladrón, protagonizado por Gian María Volonté. A pesar das medidas de seguridade, consegue escapar do tren e da tremenda expedición para capturalo que se organiza a partir dese momento.

E non me digades como, porque é un dos puntos escuros da película, estas dúas persoas acaban atopándose dun xeito bastante peculiar nun restaurante de carretera. O que escapou do tren consegue ocultarse no maleteiro do coche do outro, mentres parou a tomar algo, e este ve como se introduce e non se alarma o máis mínimo. E despois fan o atraco xuntos, pero non queda demasiado claro se xa se coñecían de antes, ou se foi casualidade. Ou se o carceleiro o coñecía e sabía que ia escapar... é dicir, é todo moi casual, pero o caso é que uns días máis tarde estaban preparando xuntos un atraco bastante sofisticado. ¿¿¿???

Para levar a cabo o atraco, necesitan a un tirador de grande precisión. E contactan cun ex-policía que agora vive só na súa casa e que tiña fama de ser o mellor tirador da policía (Yves Montand), pero que está alcoholizado.

Como vedes, un trío bastante peculiar. O atraco que queren facer é a unha luxosísima xoiería que está nun cuarto piso na Prace Vendome de París. Non destas que teñen escaparates na rúa, senón que está nun piso e as instalacións son de luxo case asiático. E as medidas de seguridade tamén. O tirador faise pasar por un comprador interesado, para visitar a xoiería e comprobar se toda a información recibida do soplo é correcta, e parece que si o é.

E a partir de aí ten lugar o atraco. Os dous ex-convictos entran dun xeito bastante rocambolesco polo patio de luces que dá aos baños da xoiería, que é tamén por onde está o garda da noite. O tirador entra normalmente polo portal, deben ter algún cómplice no mesmo edificio.

Todo transcorre segundo o previsto, e o sofisticado roubo ten lugar, conseguindo desactivar todas as alarmas. O garda consegue dar aviso mentres están marchando pero conseguen escapar sen problemas.

O problema vén despois, porque o tasador que lles dixera que se ía quedar coas xoias roubadas, agora di que non o vai facer, porque son pezas moi valiosas e singulares, e doadas de localizar, e que sería moi arriscado para el intentar vendelas despois no mercado negro.

Seguen agardando a atopar alguén que si se queira facer coas xoias roubadas, e aparécelles algún tempo despois a oportunidade. E outra casualidade, resulta que ese contacto chégalles a través dun local algo lumpen de París que tiña bastante vixiado o avispado comisario de policía ao que se lle escapara o ladrón no tren. E aquí péchase o círculo, porque simula ser un comprador das xoias interesado, e acaba apresando a toda a banda.

Foi a película que máis me gustou, como vedes ten unha trama moi redonda, complexa, pero ben artellada. Dura 140 minutos e pasóuseme nun suspiro, cando rematou non cría que leváramos alí máis de 2 horas pegados ao asento.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2017 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal