Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O confidente
A segunda película que vin de Jean Pierre Melville (que se cambiou o seu apelido real por este por admiración a Herman Melville) foi "O confidente".

Trata dun tipo que sae do cárcere e, contra toda previsión, mata a unha das poucas persoas que parecía querer axudalo. Comeza a preparar un atraco no que van participar tres persoas. Unha delas é Silien (de novo Jean-Paul Belmondo), que ten fama de ser confidente da policía (pero o ex-convicto non o sabe).

O atraco sae mal e matan ao seu compañeiro (non a Silien, que simplemente lle conseguíu as ferramentas necesarias para facelo), e entón el comeza a sospeitar que Silien o delatou. Pero na última escena aclárase o embrollo, e Silien consegue explicar que o confidente era outra persoa.

A película está ben de ritmo e a historia está ben, pero non me gustou demasiado, porque o final é o típico de cine negro (e a min iso non me gusta). É dicir, que ti estás vendo unha determinada historia, e na última escena descubres que case nada do que viches era real porque te estiveron ocultando datos que algún dos protagonistas sabía.

Gústame moito cando conseguen iso e as pistas para descubrilo estaban visibles na película pero non soubeches velas. Pero cando simplemente non poñen todas as cartas boca arriba, e ao final descúbrenche moitas cousas que non che dixeron nin amosaron, paréceme moi tramposo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2017 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal