Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O poder do arcabuz
Hoxe fun por primeira vez na miña vida, e por iniciativa propia, a un espectáculo de danza, que era unha mestura de tradicional e contemporánea (supoño). Este xénero, nas súas diferentes variantes, interésame bastante pouco, porque probei en varias ocasións, e non me dixo nada, especial, pero había algúns factores que me animaban a intentalo de novo con este.

Neste caso tratábase de "O poder do arcabuz". Coido que é algo así como unha superprodución galega, realizada a medias entre Xacarandaina e a compañía de Quique Peón. Non sendo eu un entendido nin un amante deste xénero, creo que eses son avais suficientemente fiables. Pero o que máis me atraía era a temática: a Revolución Irmandiña.

O tema dos Irmandiños chamoume sempre moito a atención, dende que souben da súa existencia. A primeira revolución europea de pobres contra ricos, dos oprimidos contra o poder, nada menos que contra os nobres e señores feudais. Tivo lugar en Galicia no século XV e a maioría da xente o ignora por completo.

E como o tema é moi potente, tiña certo interese en saber como resolvían o aspecto narrativo e comunicativo nun arte coma este, no que a palabra está moito menos presente e máis a expresión corporal. Estivo ben, por momentos moi espectacular, pero está claro que segue sendo un abismo entre os meus gustos e forma de recibir os estímulos culturais, e os que transmite a danza e o baile, que me seguen resultando moi alleos. Non estivo mal, pero tampouco me quedaron demasiadas ganas de seguir pola senda desta arte, somos bastante incompatibles.

Como curiosidades deste espectáculo, dicir que se estreou hai uns dous anos, e penso que esta sesión á que fun eu, poñía punto e final á súa exhibición en público. Había uns 30 bailaríns, uns 20 músicos (baixo o foso e dirixidos por Pedro Lamas) e un coro dunhas 40 persoas (tamén no foso).

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2017 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal