Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Planeta prohibido
Seguindo co ciclo de ciencia-ficción organizado pola Agrupación Astronómica Ío no Fórum Metropolitano, esta vez foi a quenda da película "Forbidden planet" ou "Planeta prohibido".

Como xa teño comentado aquí, gústame bastante a ciencia-ficción, e gústame bastante máis en libro e en películas antigas, porque no cine moderno xa se converteu en pura pirotecnia explosiva e de efectos dixitais.

Esta película é do ano 1956. O director é Fred Macleod Wilcox, que ata ese momento só dirixira as películas da cadela Lassie. E os tres actores principais son Walter Pidgeon (o científico principal no planeta), Anne Francis (a súa explosiva e atractivísima filla) e Leslie Nielsen (si, de xoven, como comandante da nave que aterriza no planeta).

A película é unha versión bastante libre de "A tempestade" de William Shakespeare, no sentido de que o científico e a súa filla son os supervivintes nun planeta illado dunha expedición que chegou alí 20 anos antes. E chega ao planeta unha nave que vai buscando a ver se sobreviviu alguén daquela expedición.

O científico conseguiu aprender algo da marabillosa civilización que alí había antigamente e que se extinguiu hai tempo. E conseguiu adaptarse ao lugar, aínda que hai algún perigo terrible que parece acechar en todo momento, pero a eles non lles afecta.

Pero a nave e os seus ocupantes teñen continuos problemas, porque ese perigo terrible se ensaña con eles e non son capaces de detectalo. O descubrimento final da razón dese perigo resulta, cando menos, algo controvertida, bastante collida con alfinetes, é un xiro de guión bastante arriscado e non moi doado de seguir.

Pero non se pode negar que ten un encanto especial, queda bastante chula ao ser en cor, e como dixo alguén antes da película, hai que ter en conta que a película se fixo antes de que se puxera en órbita o Sputnik, así que non se sabía case nada de naves espaciais nin voadoras, así que o nivel de imaxinación despregado é moi considerable.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2017 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal