Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mulleres que van ao mar
O magnífico Festival Mar de Mares segue a súa marcha, aínda que se supón que as actividades máis potentes xa pasaron e que agora só quedan as exposicións e algunha outra cousa "secundaria". Pero tiña moitas ganas de asistir á mesa redonda coas mulleres que traballan no mar, que foi o outro día.

Moderada por María Lado (que participa moitas veces nese papel neste Festival), participaban Cristina Fernández (fareira en Cabo Vilán), Arantxa Toriza (rapaza de Viveiro embarcada no Gran Sol) e Digna Romar (percebeira de Camelle).

Resultou moi interesante a visión que ofreceron das súas profesións, as dificultades que pasan e pasaron para levalo a cabo, e os prexuízos que tiveron que vencer para chegar ata aí.

Como a mesa redonda era na sala de exposicións en Palexco, e xusto alí está a exposición "Na beira" con fotografías de Cristina Mittermeier, aproveitei para visitala, que xa tiña ganas. Pero non me chamou demasiado a atención. Por que? Pois basicamente porque hai un mes estiven vendo á propia Cristina na Domus narrar como sacou esas fotos e proxectando videos de National Geographic sobre as súas aventuras. E deixou o listón demasiado alto.

Para os que non asististes a aquel evento, as fotos que hai en Palexco vos chamarán a atención e moi positivamente, pero a min xa non me din tanto.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2017 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal