Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Uxío Breogán Diéguez e a Galiza nos tempos da Revolución Rusa
Seguindo co ciclo de interesantísimas charlas sobre o centenario da Revolución Rusa que está tendo lugar na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, esta vez tocou falar do que sucedía na Galiza naquela altura.

Para iso, veu un dos mellores historiadores galegos, Uxío Breogán Diéguez, a contarnos que é o que estaba pasando en Galiza por aquela época, que casualmente (ou non) tiña que ver cun dos momentos álxidos do nacionalismo, que foron as Irmandades da Fala.

As Irmandades da Fala comezaron na Coruña en 1916 e a Revolución Rusa comezou en San Petesburgo en 1917, así que algo de influencia debeu ter unha cousa na outra.

O factor máis relevante que escoitei na charla de Uxío (como outros historiadores, un orador excepcional) foi que nas Irmandades da Fala, o intelectual que estaba máin influído polo que estaba sucedendo en Rusia era Ramón Vilar Ponte, precisamente unha figura algo esquecida e eclipsada polo seu irmán Antón. Na outra banda, Vicente Risco era fanaticamente anti-comunista.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2017 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal