Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xosé Luís Axeitos e a súa biografía sobre Manuel Antonio

O outro día foi Xosé Luís Axeitos á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda para falar sobre a biografía de Manuel Antonio que presentou hai pouco.

Como bo académico que é, xa aclarou que o que todos pensabamos era falso, e que realmente ía falar do xénero biográfico en xeral, que el descubrira plenamente ao facer esta biografía.

Comentou con sorna que un veciño lle dixo que estaba lendo o libro, que ía pola páxina 91 e que aínda non mencionara a Manuel Antonio. E dixo que era lóxico, que para el era moi importante como era o contexto do Rianxo no que se criou, para despois poder entender como fora a súa vida e o seu carácter.

Dende logo, Axeitos é un tipo moi solvente, e a figura de Manuel Antonio resulta tremendamente suxerente. Eu xa mercara o libro antes, pero non sei cando poderei lelo. Dende logo, interese teño, pero isto segue sendo unha incógnita. Axeitos xa aclarou que fixo un libro moi asequible para o público xeral. Que o estaba facendo moito máis documentado, tipo ensaio, con centos de notas ao pé, e decidiron aparcar ese proxecto ou versión de momento.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2017 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal