Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ágora Son 2017
Acaba de celebrarse a IV Edición do Ágora Sons. Consiste nun concerto, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que trae a algún grupo galego destacado do último ano. Para acceder, só hai que sacar libros en galego dalgunha das bibliotecas municipais.

Este ano foi o turno de De Vacas e de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que actuaron no Ágora, sede habitual deste concerto (de aí o nome).

De Vacas levan varios anos gustando moito en Galicia. Vira vídeos delas, pero nunca as vira actual, e tiña ganas. Estiveron ben, moi divertidas, pero tamén é certo que teñen cancións en coreano, en rumano, en inglés nas que só cambian a instrumentación, etc. Eu pensaba que tiñan máis parodias en galego de éxitos mundiais, que é o que máis me chama a atención delas.

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre xa é algo máis coñecido e controlado. Xa é a terceira vez que as vexo presentando o primeiro disco, e xa me aburren lixeiramente. Pero xa prometeron que están a piques de sacar o segundo, haberá que seguirlles a pista. En calquera caso, sobre todo algunhas pezas, son unha auténtica marabilla; outras, son algo máis previsibles e algo monótonas.

Saúdos.







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2017 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal