Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carlos Taibo e as ideas libertarias hoxe
No ciclo sobre o centenario da Revolución Rusa que están facendo na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (o outro día falei da charla de Teresa Moure), a segunda charla deuna Carlos Taibo, sobre a actualidade das ideas libertarias.

Carlos Taibo é un orador e conferenciante de sobrada fama, ao que non tivera a fortuna de ver falar en directo, e basicamente a miña ilusión era esa. Xa o escoitara na radio e na televisión, e xa sabía máis ou menos o que ía atopar, pero quería darme ese gustazo.

E non o foi menos. Dende o primeiro segundo que lle cederon a palabra, a súa capacidade oratoria exerceu tal poder hipnótico sobre o público, que non queríamos deixar de escoitalo. Falou dos libertarios e o anarquismo, que relación tiveron coa revolución rusa, e que queda dese movemento, do que el sempre formou parte (polo menos na teoría).

Como sempre, o coloquio final enrareceuse un pouco porque algunha das persoas asistentes fixo comentarios e preguntas bastante estúpidos que os puxeron algo ou bastante en ridículo, pero dá igual, hai xente que se non abre a boca, non marcha contenta para casa.

O exemplo deste día foi magnífico. A persoa que interpelou ao conferenciante, pediu que lle explicara á "xuventude" (practicamente ausente da sala, como case sempre neste tipo de actos) como era a realidade actual e como escoller os partidos aos que votar para que as cousas mellorasen. E despois preguntou outra cousas, que non lembro, pero que ao mellor, ata tiña sentido. Obviamente, Carlos Taibo toreou a primeira con moita elegancia: "vasme permitir que obvie a primeira pregunta, a do voto, e respondo á segunda". Esta mesma persoa despois regaloulle un pin sobre non sei que tema que apenas tiña nada que ver co que estabamos falando.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2017 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal