Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Blade Runner 2049
E como continuación do artigo anterior (no blog vai aparecer debaixo, claro), xusto ao día seguinte de ir a unha sala de cine comercial para ver a "Blade Runner" orixinal, fomos ver a súa secuela "Blade Runner 2049".

A orixinal estaba ambientada nun apocalíptico Los Ángeles en 2019 (chovía sen parar e parecía Tokio) e esta está ambientada en Los Ángeles en 2049. Xa non chove, polo menos sempre, pero o panorama non é precisamente máis alentador.

A xente tiña moito medo a que esta fora un fiasco, porque tiñan mitificada a primeira, e porque creían que o único resultado posible era un fracaso.

Pero Denis Villeneuve semella un director moi solvente, o deseño de produción tamén está moi logrado e a historia creo que non está nada mal. Claro, como sempre comezan as comparacións de que coa outra nos fixeron dubidar 30 anos sobre se Deckard é replicante ou non (e a dúbida segue), e que nesta hai menos dúbidas (pero tamén as hai), pero a min séguenme parecendo debates de xente ociosa. A película é moi amena e digna, e non desentona demasiado da anterior. Ten un defecto claro, é a orixinalidade. A primeira meteunos nun universo novo, e iso xa non pode volver a suceder nunca máis. Pero aínda así, a nova déixase ver sen ningún problema.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2017 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal