Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Blade Runner
Blade Runner é unha das máis míticas películas da ciencia-ficción. A primeira versión fíxose no ano 1982 e supuxo un shock dende tantos puntos de vista que semellaba intocable e unha lenda.

Dirixida por Ridley Scott, que por aqueles anos estaba sembrado e todo lle saía de perlas, e con Harrison Ford no papel principal, que tamén pasaba por unha época fantástica, e apoiados nun guión marabilloso e cuns secundarios flipantes, a cousa tiña que saír ben.

Se ademais lle unimos un deseño da produción totalmente vangardista e, en xeral, unha estética que vista aínda hoxe non desentona en absoluto, temos unha obra mestra.

Eu debín vela unhas tres veces, que non son moitas, pero bastante espaciadas entre sí, así que non a teño moi mitificada, senón que a refresco de cando en vez para lembrar de que ía, e porque é unha película que se ve unhas cantas veces sen cansar.

E a última delas foi en pantalla grande nun cine comercial da Coruña. Obviamente, isto debeuse a que acababan de estrear a nova versión, a secuela. E o truco funcionou, porque eu e algúns outros picamos, e fomos ver a antiga para refrescar conceptos.

A min a película gústame moito, a secas. Quero dicir que non me pasei trinta anos traumatizado pola dúbida de se Deckard é replicante ou non, e non penso ver a película outra vez fixándome en todos os detalles estúpidos para intentar averigualo, porque penso que é parte do puro marketing da película. Un mito que seguen alimentando, pero que a min non me interesa.

Hai uns anos lin (e téñoa na casa) a novela na que se baseou a película. Titúlase "Soñan os androides con ovellas eléctricas?" de Philip K. Dick. O malo é que cando a lin, hai 6-8 anos, non puiden ver a película (tampouco fixen moito esforzo, a verdade) para comparalas, pero a min paréceme que a semellanza é pouca. Esta vez intentarei facer a comparación axiña, pero non creo que me equivoque demasiado.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2017 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal