Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Marcela e Elisa
A semana pasada estreouse na Coruña unha obra de teatro sobre un tema moi interesante. Titúlase "Marcela e Elisa" e trata sobre a primeira voda homosexual en España, que tivo lugar na Coruña en 1901.

A compañía que levou a cabo a montaxe é A Panadaría, que está progresando e triunfando moito con todas as súas obras. O Teatro Rosalía estaba ateigado e a obra gustou moito.

Está de máis dicir que a voda foi levada a cabo mediante un engano, xa que Elisa se disfrazou de home e fíxose pasar por Mario. E o cura, que non debía ter moitas luces, non se enterou ata algún tempo despois.

Non se sabe moito da historia. Despois da voda, marcharon para Dumbría (algunha delas debía ser de alí), pero cando chegaron, xa se correra a noticia e houbo moito escándalo. Pareceume entender que despois diso escaparon a Portugal, e alí perdeuse a pista do seu paradeiro.

Iso foi o que me pareceu entender durante a obra, e recoñezo que aínda non tiven tempo para investigar moito máis na historia, que me parece moi chula.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2017 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal