Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lugrisiada
Como anunciei a comezos de verán, durante case 6 meses puido verse na Coruña unha magnífica exposición sobre o pintor Urbano Lugrís, o que a min máis me gusta. A exposición remata o domingo 3 de setembro de 2017.

Fun ver a exposición a comezo do verán, volvín estes días, e ademais fun tamén ás dúas visitas guiadas: a primeira á obra agora titulada "Vista da Coruña 1669" (que estivo durante anos no Café Vecchio, da rúa Real, e agora está na sede de Abanca), e a segunda á exposición en si, na sede de Afundación. Estouna gozando.

Pois non sei que moito máis dicir deste autor. Gústame moito a súa paleta de cores, o surrealismo, os motivos mariños con baleas, sereas, edificios antigos en ruínas en fondos submariños, naufraxios, etc. É dicir, ten un sentimento moi romántico de querencia polos ambientes exóticos, as ruínas do pasado...

Hai tantos cadros que me flipan, como "Habitación do vello mariño" (está en Vigo e non veu a esta exposición), "Anticuario do porto" (si que está aquí), "Mosteiro de Caaveiro" (creo que xa o coñecía pero esta vez fixeime máis e flipei) e tantos outros.

Incluso me lin completos estes días un par de libros que merquei no ano 2008. Aquel ano cumpríanse 100 anos do seu nacemento e houbo exposicións sobre el tanto na Coruña como en Vigo. A excusa para esta foi teoricamente a restauración do mural antes mencionado. E botando contas, no 2023 cumpriranse 50 anos da súa morte, así que espero que haxa máis exposicións conmemorativas.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2017 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal