Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Todos somos necesarios
O outro día vin na 2 unha película española dos anos 50, cousa bastante habitual na súa programación a comezos da semana. Chamoume a atención a temática, así que fixen o esforzo, e non me desagradou.

O título da mesma era "Todos somos necesarios", foi dirixida por José Antonio Nieves Conde no ano 1956 e os protagonistas principais son o actor español Alberto Closas e o italiano Folco Lulli.

Pero o elenco de actores e actrices é unha das primeiras curiosidades desta película, para min totalmente descoñecida. Polo visto, foi unha coprodución hispano-italiana, e o elenco actoral foi moi internacional, basicamente europeo. Iso si, eu só fun capaz de recoñecer a Alberto Closas e a Manuel Alexandre (fai un papel moi secundario durante uns breves minutos). Nin sequera a estrela italiana, Folco Lulli, non me soa absolutamente de nada (nin o nome nin a cara). E os actores e actrices estranxeiros resúltanme totalmente descoñecidos.

A historia é interesante. Tres homes rematan as súas penas de prisión no mesmo instante. Un deles é un doctor que foi inhabilitado por un erro grave no exercicio da súa profesión. Outro é un funcionario que fixo un pequeno desfalco para poder casarse. E o terceiro é un ladrón que di que axiña volverá ao cárcere. Os dous primeiros saen da prisión totalmente desesperanzados e convencidos de que a sociedade lles dará as costas.

Suben a un tren que viaxa nunha nevada e treboenta noite pola península. Xa hai unha certa tensión porque no tren se mesturan persoas de diferente condición social, e esa tensión vese claramente, por exemplo, no vagón restaurante.

Pero casualmente conflúen dúas circunstancias que poñen a proba ás persoas que van no tren. Por unha banda, o tren ten que parar porque hai tanta neve sobre a vía que non pode seguir avanzando, cando faltan só 10 km para a seguinte estacións. Pola outra, un neno duns 8-10 anos, que é fillo da persoa máis rica que vai no tren, está moi mal de saúde e témese pola súa vida porque parece ter difteria e xa non consegue respirar.

Un cura que volve das misións brevemente e que vai no tren ofrécese para axudar, viu facer algunha vez a operación que é necesaria, pero pide que busquen a algún médico no tren. Aparentemente non hai ningún, ata que descubren que un dos ex-presidiarios (interpretado por Alberto Closas) é médico.

Ante o estupor de todos, el négase a operar, di que está inhabilitado e está convencido de que a mesma familia que lle pide facer ese esforzo serían os primeiros en denuncialo se algo sae mal, como lle pasou anteriormente.

Todo o mundo colabora prestando o que pode para que a operación se poida facer coa maior comodidade no vagón-restaurante, e cando xa o cura ía intentar facer o corte necesario (pero que o pon tremendamente nervioso porque sabe que non é a persoa máis preparada para facelo), o médico inhabilitado accede a colaborar para salvar a vida do rapaz.

Obviamente, todo sae ben. Pero ese cambio de opinión e outras cousas que suceden na historia (xa fixen un bo spoiler, pero outras cousas interesantes non as contei, que non hai sitio para todo) permiten ver a tremenda hipocresía das persoas que ían no tren (e polo tanto da sociedade), que supoño que era o que pretendíano os artífices da película.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2017 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal