Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os celtas: unha (re)visión dende Galicia

Hai xa uns cantos anos merquei un libro titulado "Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia" escrito polo historiador e arquéologo Francisco Calo Lourido (que ademáis é familiar dunha amiga miña, diso entereime despois).

Co rigor do científico analiza de novo, e dende moitos puntos de vista diferentes, a posibilidade de que a cultura ancestral de Galicia fora de orixe celta ou algo similar.

Polo visto, este historiador xa leva anos dicindo, en contra de moitas das opinións "mainstream", que en Galicia non houbo celtas ou, máis ben, houbo moi poucos e a súa pegada é moi leve, como algúns topónimos soltos.

Parece que os historiadores clásicos diferenciaban moito entre as tribus celtas e non celtas (aínda que non se sabe o criterio que seguían para facer esa diferenciación), e aquí había moi poucas das celtas, e estaban sobre todo na costa central e sur da provincia da Coruña.

Segue estando claro que os celtas, de ser algo, era sobre todo unha comunidade lingüística. Unha serie de linguas da costa atlántica europea, entre as que, obviamente, non está o galego (de clarísimo orixe latino). Estaban as linguas goidélicas: gaélico irlandés, gaélico escocés e manx (a lingua da illa de Man). E as linguas britónicas: o galés, o córnico (de Cornwall ou Cornualles) e o bretón (da Bretaña francesa). Como vedes, case todas extinguidas ou case, aínda que algunha, como o irlandés e o bretón están repuntando algo, polo empeño das súas comunidades.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2017 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal