Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Traveling Rock Band
Hai uns días fun ao Baba Bar para ver actuar a unha banda tributo coruñesa da que non oíra falar, chamada Traveling Rock Band.

Polo que lin no seu facebook, a banda naceu no ano 2010, pero o caso é que en Youtube hai moi poucos vídeos deles. De feito, o que vou poñer eu é precisamente da actuación á que eu asistín, porque a subiu Rubén Novo, de Empuje.net.

Tocan ben e destaca especialmente a "voz negra" da súa cantante Raquel, que non é precisamente negra.

En calquera caso, estando ben e gustándome, non me agradaron tanto como Exit, aos que vin uns poucos días antes. Por que? Porque Traveling Club Band toca moita canción de blues, soul e están bastante centrados na música negra, que non é unha das miñas paixóns. Exit van máis na liña do rock, rock duro, punk, é dicir, ritmos máis rápidos e frenéticos, e eu teño máis tendencia cara ese lado.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2017 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal