Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aldaolado
Onte, de casualidade, na prensa, entereime que Aldaolado actuaba, e ademais o facía nun local da miña cidade ao que nunca fora, aínda que ganas tiña moitas (o local "No importa", en San Andrés).

Pois nada, neste descansado verán, pensei que era unha oportunidade tan boa como calquera outra de gozar da arte destas dúas poetas e músicas que conseguen deixarme abraiado unha vez tras outra coa súa impresionante axilidade mental.

O local é o baixo dun edificio moi estreito e longo, de 3 ou 4 andares. Tan estreito e tan longo, que cando se despediron, dixeron que estaban encantadas de ter actuado para os pasaxeiros dun voo 747 (había un pasillo central, e moitas ringleiras de cadeiras, dúas a cada lado), e facían os típicos xestos das azafatas de voo explicando como había que saír do local.

Pois nada, ofreceron uns números tan divertidos como habitualmente (como o que vedes no vídeo), aínda que a verdade é que non foron tantos, porque como falan tanto entre poema e poema, o tempo avanza que dá medo. Foron 2 horas, cun descanso intermedio duns 20 minutos.

Iso si, despois do descanso, case só houbo un número, que foi precisamente o de Ferrín, pero precedido por un simpático concurso. Lucía dicía o seu móbil e a xente tiña que mandarlle ao seu whatsapp historias sentimentais polas cales odiaba a un determinado amante do seu pasado. Quen gañara, levara un conxunto de versos magnéticos de Aldaolado. A gañadora indiscutible foi unha muller á que o seu mozo lle regalou unha báscula.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2017 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal