Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Elvira Madigan
Fun ver outra película máis no ciclo Cinenterraza do Fórum Metropolitano da Coruña. Neste caso era a película sueca "Elvira Madigan", dirixida por Bo Widerberg no ano 1967.

A min non me soaba de nada nin o director nin os actores nin a historia. As persoas que presentaron a película dixeron que xa non se facían películas así (certo é que só unha persoa entre o público a vira antes). Que a película era moi romántica e impresionista (que os fotogramas parecían cadros dese estilo).

E despois de vela, pódese dicir que a súa definición era moi fiel. Efectivamente, hai moitas esceas na natureza, case ningunha en interiores, case sempre hai unha luz bastante flipante. E polo tanto, parecía que estabamos vendo a Manet, como nos anunciaran.

A historia é moi simple: Elvira Madigan é o nome artístico dunha equilibrista que se fuga dun circo, para escapar co amante ao que acaba de coñecer, Sixten Sparre, tenente do exército sueco, que deserta durante un verán. E a película conta o que lles pasa durante ese verán, cando incluso na prensa saen noticias sobre a súa desaparición, e incluso están a piques de seren descubertos en varios momentos. Pero son demasiado felices para preocuparse.

O que non vou dicir é como remata (a pesar de que a película ten 50 anos, ao fin e ao cabo non é moi coñecida). E iso que ao comezo da película xa hai un texto onde se explicita o final.

Déixovos unha das esceas máis célebres, para que vos fagades unha idea de como é a película.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2017 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal