Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cos perdedores do mellor dos mundos
Xa mercara hai 6 ou 7 anos un libro que tiña moi boa pinta, pero non foi ata agora cando puiden meterlle o dente. O título traducido é "Cos perdedores do mellor dos mundos", e foi escrito polo xornalista alemán Günter Wallraff.

Polo visto, este xornalista é un dos mellores exemplos a nivel mundial do coñecido como xornalismo gonzo. É dicir, xente que se disfraza e faise pasar por xente anónima (disfrázase sobre todo porque agora xa é moi coñecido, sobre todo en Alemaña), para vivir na súa propia carne cales son as condicións de vida ou traballo en determinados lugares.

A profesión enfocada dese xeito é tremendamente controvertida, pero é discutida principalmente sobre todo por persoas que, se non fora polos seus descubrimentos, poderías ser moito máis ricas e felices, pero que se dedican a explotar e extorsionar aos demais.

Este libro xa o escribiu no século XXI, pero antes diso (teñamos en conta que xa ten uns 75 anos) traballou en moitas empresas en Alemania, estivo no cárcere grego durante a Ditadura dos Xenerais, fíxose pasar por turco en Alemaña, por iraní no Xapón, etc. E, obviamente, que te disfraces e a xente non saiba quen es, é a mellor forma de que amosen a súa verdadeira cara e actitude de vida.

Concretamente neste libro parece que fala de casos que descubriu nos últimos anos e que están bastante frescos:

- Faise pasar por negro.
- Faise pasar por un indixente, para durmir na rúa ou en albergues destinados a eles.
- Faise pasar por teleoperador.
- Vai traballar a unha panificadora que fai panciños para LIDL.
- Investiga sobre un restaurante de alta gastronomía en Alemaña.
- Investiga sobre as condicións de traballo en Starbucks (deben ser moi similares a nivel planetario, polo que parece)
- Investiga a errática xestión da empresa pública Deutsche Bahn (ferrocarriles) que foi privatizada nos últimos anos (de que me soa isto???)
- Investiga principalmente a un avogado alemán sen escrúpulos que está especializado (incluso dá cursiños e conferencias, flipante) en destrozar comités de empresa que non son afíns a un determinado empresario, provocando a renuncia dos seus integrantes mediante técnicas de terror psicolóxico.

Pois o que dicía: pode resultar controvertido o seu traballo e a súa forma de facelo, pero se hai avogados que recoñecen sen ningún rubor que a súa especialidade profesional é desmotivar comités de empresa para empresarios usureiros, este xornalista paréceme merecedor do Premio Nobel da Paz.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2017 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal