Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O encargo do señor Castelao
Se non lembro mal, xa é a terceira obra que leo de Luís Rei Núñez. A primeira debeu ser "Monte Louro", que non me gustou demasiado. A segunda foi "O señor Lugrís e a negra sombra". Seguro que a lin pola fascinación que exerce sobre min a obra de Lugrís, pero apenas lembro nada da novela, así que tampouco me debeu chamar a atención.

Polo tanto, semella que a escrita de Luís Rei Núñez non me apaixoa. E semella que segue sen facelo demasiado. Pero esta vez caín porque "O encargo do señor Castelao" trata sobre Castelao, Bóveda e algún outro persoeiro que podería relacionalos, así que o intentei de novo.

O autor define a obra como de non ficción, e é lóxico. Vén sendo, aínda que algo "novelada", unha especie de biografía de Castelao, e tamén algo parecido do comunista ourensán Xosé Gómez Gaioso, obviamente menos coñecido que o primeiro.

E supoño que a novela (non me quedou moi claro se o centro da historia é certo ou non) consiste na relación entre os dous. Supostamente, atopáronse Castelao e Gómez Gaioso en Bos Aires xusto antes de que o segundo volvese para España para organizar a guerrilla antifascista dende o PCE. Ao ver o cariño que Castelao tiña por Bóveda e o que lle doera a súa morte, Gómez Gaioso ofrécese para vingar a súa morte. Só lle pide a Castelao un nome da persoa á que quere que sexa executada.

Aí entra a ética de Castelao, que en primeiro lugar, négase (todo isto é novelado, creo). Anos máis tarde, coincide con Santiago Carrillo no goberno republicano no exilio parisiense, e cando os dous renuncian ao seu cargo, pásalle un sobre dicíndolle que llo entregue a Gómez Gaioso. E non vou desvelar máis sobre a trama.

O libro está entretido, pero debo recoñecer que se debe principalmente a que os persoeiros principais son moi ricos e a época dá moito de si. Sigo pensando en que a escrita de Luís Rei non me convence, pero si me gustan moito as temáticas que escolle (ás veces).

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2017 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal