Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Enemigo público
Seguindo co ciclo do CGAI de William A. Wellman, outro día vimos "Enemigo público", do ano 1931, protagonizada por James Cagney. Todos sabemos que este actor estaba algo encasillado nos papeis de gangster, e que destacou sobre todo por iso.

Pois nada, trata duns rapaces de Chicago que xa dende pequenos se veía que levaban malas trazas, que non fixeron máis que confirmarse de maiores, porque era o que máis lles gustaba.

A min nunca me convenceu este tipo como gangster. Sempre me deu a impresión de que levaba os pulsos xirados para pegar puñadas ou caricias (incluso na cara da súa nai, a acaricia dándolle unha pequena puñada). Terá moita fama e será moi convincente, pero a min non me convence nadiña.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2017 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal