Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ás
Nos últimos días de abril de 2017, no CGAI comezou un ciclo sobre un director americano dos anos 30-40 cuxo nome me soaba algo, pero non o tiña moi ben ubicado. Chámase William A. Wellman e durante varias semanas estiveron botando obras súas.

A primeira que vin é do ano 1927, titúlase "Ás" (Wings), é muda, e levou o primeiro Óscar a mellor película (os premios estaban comezando, e incluso nas primeiras edicións había varios premios con título algo ambiguo que podían significar iso).

Polo que lin, foi unha superprodución, con moitos cartos e total apoio técnico do Exército do Aire americano, e as esceas aéreas causaron unha absoluta sensación na época.

A verdade é que o resto da película semella algo ñoña por momentos, pero tamén é certo que vendo outras películas daquela época, iso era o habitual, e incluso hai algúns personaxes secundarios que se dedican principalmente a facer o "pallaso", que non semellaban pintar demasiado na historia. Pero o certo é que, aínda costando imaxinarse cales eran os límites da técnica cinematográfica no ano 1927, si que debeu alucinar a xente daquela época.

A película trata sobre a certa rivalidade, por momentos disfrazada de amizade, entre dous aviadores que proceden da mesma cidade, e que están namorados da mesma muller.

Fórmanse e son convocados para a I Guerra Mundial no ano 1917. Comezando sendo algo rivais (xa o eran na cidade), pero axiña se fan amigos inseparables, pero a sospeita de que os dous están namorados da mesma muller crea certos problemas entre eles. O caso é que a actitude do máis rico, que en teoría podía ser máis presuntuoso e engreído, realmente é a máis noble, e o outro, de orixe máis humilde, é máis chulo e presumido.

Os dous acaban sendo os dous mellores aviadores da súa escadra, temidos polos alemáns. Pero o caso é que un deles acaba matando ao outro por erro, xa que roubara un avión alemán pero non lle deu tempo a identificarse e que o deixaran pasar. Non creo que se poida falar de "spoiler", xa pasaron 90 anos, hai que ver máis cine.....

Pois iso, as esceas aéreas bastante flipantes para a época, pero o resto da historia tampouco me pareceu para botar foguetes, pero vaia, está ben. Chamoume a atención que a película é muda, e soa música, pero determinados efectos de son, como motores de coches e avións, si es escoitan. Non sei, se cadra estaban nos primeiros tempos do son no cine, e xa conseguían facer efectos dese tipo, pero non as voces humanas.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal