Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alén do Cosmos
Hai uns días fomos ao CGAI ver un documental ben curioso sobre fútbol. Foi dirixido polo xornalista deportivo da Radio Galega Pedro Pablo Alonso, e trata sobre o vigués Santiago Formoso, que xogou no mítico Cosmos de Nova Iorque.

Haberá que lembrar un pouco que pasou con este equipo. Como saberedes, o fútbol (non hai que especificar cal, o raro é o americano, que só se xoga alí a grande escala) nunca triunfou demasiado en Estados Unidos.

Pois nos anos 70 era propietario dun equipo de Nova Iorque, chamado o Cosmos (porque querería fichar moitas estrelas, supoño) o propietario da Warner e dalgunhas outras empresas de éxito daquela.

E decidiu que unha boa forma de facer máis popular este deporte nese país de tolos podía ser facer un equipo famoso fichando grandes estrelas. O caso é que ficharon a grandes xogadores mundiais pero que xa estaban na súa recta final ou que levaban traxectorias profesionais algo estrañas.

Dese xeito acabaron alí, na segunda metade dos anos 70, xogadores como Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto, Cruyff, Chinaglia (acabo de ver un interesante documental sobre este tipo, que me soaba algo o seu nome), etc. Non chegaron a coincidir todos xuntos, pero algúns deles si.

Pois resulta que o lateral esquerdo deste equipo era un rapaz chamado Santiago Formoso, neno vigués que emigrou aos 14 anos para Estados Unidos. Canto tiña 20 anos fixéronlle unha proba, pasouna, e como todos recoñecían que tiña moita calidade, decidiron que fora titular, pero dada a cantidade de estrelas no equipo (que serían intocables, supoño), decidiron poñelo como lateral esquerdo.

O xornalista Pedro Pablo Alonso descubriu de casualidade, nunha conversa co seu compañeiro Luis Timiraos, que existira ese xogador, do que non se sabía case nada, e decidiu investigar. E axiña deu con el no Centro Galego de Newark (New Jersey), onde ía todas as tardes a xogar a partida cos colegas.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2017 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal